martes, 29 de mayo de 2012

I Festival de tradición oral

Este venrres primeiro de xuño terá lugar no auditorio de Cedeira ás oito da tarde  o  primeiro festival de tradición oral  adicado  ós nenos.  Teremos como invitados a Ce orquesta pantasma,asociación cultural Buxainas e  Pedro Brandaríz. desexamos que sexa do seu agrado e esperamos vervos.

lunes, 14 de mayo de 2012

I Encontro avós e netos


Citania levou a cabo esta actividade en xaneiro do pasado ano tendo  un enorme éxito de participación nestas xornadas, este ano tense previsto celebrar   o segundo  encontro. Aqueles  que decidan acudir serán benvidos.

sábado, 5 de mayo de 2012

O lugnasad Cedeirés

Unha das festas que máis acollida está tendo nos últimos anos é o Lugnasad.  É unha festa na que se de recrea o ambiente dun poboado celta. Esta festa dura a redor de tres días nos que  se levan a cabo  actividades como:
  • A elaboración das casetas con materiais naturais
  • A ordeación dos druídas 
  • As bodas celtas.

martes, 17 de abril de 2012

San andrés de Teixido, un dos lugares máis fermosos da nosa vila.

                     



" A san Andrés de Teixido, vai de morto o que non foi  de vivo."
Contan as lendas que os peregrinos que van ata este lugar comparten camiño con  aquelas almas dos que non foron en vida e fano ahora xa defuntos en forma de animais.